domingo, 17 de abril de 2011

Pepe Curros Músico e Compositor de Santiago

Aportación de Moncho Arufe Vidal

José Gómez Veiga, músico compostelán que foi coñecido como Pepe Curros, naceu o 10 de Agosto de 1864. Recibiu as primeiros rudimentos de solfexo do seu pai , pasando pronto baixo a tutela de Andrés Gómez Cidre, daquela director da Banda Municipal e Figle da Orquestra de Capela da Catedral.

Antes dos dez anos comeza estudos de violín con Mariano Tafall (que fora organista da Catedral) e a morte de este en 1874, continua con Santiago Tafall, que máis tarde será Maestro de Capela.

Os 12 anos hai unha nota periodística que o coloca como 2º violín na Orquesta do Teatro. Os 16 anos obten en propiedade unha praza de 2º Violín da Orquestra da Catedral. Facer fincapé aquí en que toda a familia debía de ter moitas aptitudes musicais, porque os seus irmáns Gerardo e Jesús tamén foron violinistas e a súa irmán Elisa unha boa pianista na intimidade. Gerardo tivo unha trayectoria paralela a Pepe, chegando a ser músico da Catedra e segundo director da Banda Municipal, ata que en 1900 deixa Santiago e establece farmacia en Vila de Cruces.

En 1882 xa ten formado o cuarteto Curros, co seu irmán Gerardo e con Valverde e Brage. Ca morte en 1883 de Hilario Courtier, Pepe Curros pasa a ser a principal referencia musical da cidade, mesmo parece que se multiplica pola actividade que desenvolve.

En 1884 gaña o certame coruñés de violín, acompañado de Asunción Montes ó piano. Co seu cuarteto-sexteto pasou a ser o “residente” do café Español, donde chegou a dar concertos diarios con Jesús García. En 1888 é director artístico da Tuna Escolar, que presidida por Otero Acevedo, viaxará por primeira vez a Portugal. En 1889, gaña o 1º premio para sexteto no certame pontevedrés organizado por O Galiciano. Nesta ocasión o sexteto estaba formado: Irmáns Curros (Pepe, Gerardo e Jesús), Enrique Lens, Cimadevila e Soto. Dende a década dos 90 é profesor nas Escolas de Música da Real Sociedade Económica de Amigos do País, pasando en 1912 a desempeñar a labor de director ata a súa xubilación en 1936 .

Como compositor, Curros creou obras de moi diversas índoles, dende a zarzuela “De regreso de Pascuas” con Jesús García, ata piezas relixiosas, conservadas na catedral de Santiago. Ten obras para banda, para grupos de cámara, melodías galegas para canto e piano e outras para a tuna; dado o éxito que tiñan os bailables tamén creou obras deste corte.

En resume, creou obras diversas, para diversas formacións que foron moi apreciadas polos seus coectaneos e que básicamente se conserva no Arquivo da Catedral (2 partituras), no do Seminario( 4 partituras), no Arquivo Canuto Berea (2 par.), e a maior cantidade no Arquivo do Convento de San Paio de Antealtares (23 obras).

Curros morreu en Vigo, o 12 de Outubro de 1946, cando preparaba o seu discurso de entrada na Academia de Bellas Artes ( a proposta de Baldomir) .

No hay comentarios:

Publicar un comentario